Unha nova sección do blog dará comezo no día de mañá. Agora que remata a tempada aproveitaremos para facer outro tipo de noticias e dar a coñecer máis a fondo o C.B. Río Miño.

Por agora estreamos unha nova sección de entrevistas ós xogadores, nas que todos os compoñentes do equipo se darán a coñecer un chisco.

Para facer máis dinámica esta sección invitamos a que aqueles que seguides o noso blog propoñades algunhas novas preguntas para as entrevistas, ben para ser cuestionadas a tódolos compoñentes do equipo ou ben só para algún dos enquisados. Podedes mandarnos as vosas preguntas o correo do clube cbriominho@hotmail.es, colgalas no noso Facebook ou ben a través dos comentarios do propio blog.

E mañá, a primeira entrevista… ó noso pívot… un dos xogadores máis queridos do Río Miño polo seu carisma dentro e fora da cancha. Todo corazón… unha das mellores mans da liga dentro da pintura… Saberemos un pouco mais de: Jesús Placer.

Fin da tempada 2010/2011. Os pronósticos se cumpriron e os séptimos do grupo Sur non tivemos moitas chances de victoria fronte ós subcampións do grupo Norte.

Un sólido e experimentado Val de Meira levouse esta eliminatoria con merecemento, pero o mesmo tempo obrigado a loitar fronte a un rival a priori modesto. Ese é o orgullo do noso clube, que, malia ter quedado lonxe de seguir vivos no play-off, si conseguimos mellorar ás expectativas que dende fora se poñían para este cruce.

O primeiro partido foi 35 abaixo, e pese a este mazazo -e sendo hoxe tan só 7 xogadores- conseguimos dar a cara en Meira e prantxear un bó partido contra un dos candidatos a levarse o título deste ano.

Hoxe perdemos de 19 puntos nun partido similar o primeiro, pero coa diferenza de que fixemos un moito mellor último cuarto que na ida. Se no partido do Anexo perdíamos ese parcial por 31-8, hoxe foi por 22-20. Esa foi a principal diferencia deste choque.

¿O máis destacado desta tarde nas filas do C.B. Río Miño? Un espectacular Charly Ruiz, que hoxe, con 20 puntos, erixiuse como o mellor xogador do Río Miño na eliminatoria (14 puntos na ida e 20 na volta), e tamén culminando unha grandísima tempada. Este crack amosou hoxe porqué todos o consideramos como a fichaxe do ano e o MVP riomiñene desta tempada 2010/2011.

Ademáis, hoxe tamén foi unha nota moi positiva o reparto dos 60 puntos anotados. Jesús Placer con 14 e Jose Corral con 13 foron os mellores compinches en ataque de Charly neste encontro, así como a boa intensidade defensiva dos 7 xogadores que estivemos en Meira.

79 – C.B. Vila de Meira (16+14+27+22)

60 – C.B. Río Miño (13+13+14+20): Alberto Fernández (6), Iago Magide (-), Xoán Díaz (3), Guido Álvarez (4), Charly Ruiz (20)  -cinco inicial- Jose Corral (13), Jesús Placer (14)


 

Esta mañá recebemos un correo da Delegación Lucense de Baloncesto, no que se nos informa da posibilidade de participar nun torneo de pretempada na localidade catalana de Sant Julià de Vilatorta. Este torneo se celebra a finais do mes de Agosto e na última edición participaron máis de 2500 xogadores divididos en 227 equipos.

Dende o clube estamos meditando seriamente a posibilidade de asistir, pese á dificultade que supón o ter que autosufragarnos os gastos de aloxamento, manutención e inscripción no torneo. A ver si con sorte nestes meses conseguimos algún patrocinador para o clube que nos axude tamén cos gastos que supón a asistencia a este evento. Dende logo é unha oportunidade de darnos a coñecer, como no pasado torneo de Salvaterra do Miño!

Por un rato permitímonos crer no soño. Un excelente primeiro cuarto do Río Miño (18-17) contra o subcampeón do grupo Norte, o Vila de Meira, daba pé a confiar en dar a badalada.

No segundo cuarto houbo un pequeno baixón de xogo (especialmente na intensidade defensiva) que deixaba o partido nun 28-38. A consigna no descanso era esquencernos dese marcador adverso e plantexar o partido coma no inicio. Así foi, e no terceiro cuarto conseguimos manter o nivel, malia que o parcial deste tempo foi 16-18 a prol de Meira.

Deste modo chegábamos ó último cuarto. Coas ilusións rebaixadas pero confiando todavía na sorpresa. Dous minutos despois todo se veu abaixo. Varias triplas dos meirenses unidas a erros nos nosos ataques tiraron por terra tódalas ilusións do equipo negriceleste… e o aluvión foi total. Un 31-8 nese último cuarto deixou un marcador final de 52-87 que prácticamente anula toda expectativa de cara o partido de volta.

¿Que nos queda? Eses destellos de bon xogo, a mellora do equipo nesta tempada e o orgullo de ter mantido durante todo o ano unha filosofía de grupo (por encima das individualidades).  Ogallá sigamos mantendo o bó e mellorando naqueles puntos nos que fallamos. Forza Río Miño!!

52 – C.B. Río Miño (18+10+16+8): Marcos Villar (6), Xoán Díaz (5), Guido Álvarez (13),  David Cabodevila (4), Charly Ruiz (14)  -cinco inicial- Alberto Fernández (2), Iago Magide (-), Jose Corral (1), Jesús Placer (7)

87 – C.B. Vila de Meira (17+21+18+31)

Esta tarde de domingo é tarde de basket no Anexo do Pazo dos Deportes:

16.30 Río Miño – Meira

16.30 Y Que Dure – Estudiantes

18.00 Coto Real – Fundación Velvet

Partidos de ida da primeira ronda de play-off da liga Senior Zonal

Partido de ida da primeira ronda do Play-off, este domingo ás 16.30 no Anexo

 

Despois do remate da liga regular xa sairon os cruces das eliminatorias que enfrontarán ós equipos do grupo Sur e Norte. Unha vez acadada finalmente a sétima praza do noso grupo, o rival a medirse será o C.B. Meira, un vello coñecido da liga do ano pasado.

O horario do encontro de ida é este domingo 20 de Marzo ás 16.30 da tarde no Anexo 2.

Agardamos máis que nunca o apoio dos nosos escasos pero fervorosos seguidores!!

A continuación tódolos enfrontamentos dos play-off deste ano: